Na carta o rexedor lembra que “dende hai tempo se ten intentado unha entrevista con vostede para a exposición das nosas pretensións sobre este asunto. A Sra. Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo comprometéuse, no seu día, a concretar unha entrevista con vostede, sen que ata esta data se obtivera resposta algunha”. Suárez Barcia alude ao acordo plenario aprobado por unanimidade pola Corporación Municipal, e que lle foi remitido á Consellería de Traballo e Benestar o pasado 19 de abril.

O alcalde ribadense dille a Mato Otero na carta que lle remitiu que “igualmente o pasado 22 de abril, domingo, tivo lugar nesta vila de Ribadeo unha manifestación da plataforma de veciños, cun amplísimo seguimento popular, amosando deste xeito o sentemento de necesidade desta infrestructura para Ribadeo do que, naturalmente, se fai portavoz ademáis este Alcalde”. O escrito remata “á vista de todo o exposto, dende esta Alcaldía diríxime a vostede de xeito directo co fin de reiterar a solicitude de entrevista entre vostede e a Comisión Institucional creada para poder expoñerlle axeitadamente todos estes pormenores en relación ao asunto que nos ocupa”.