O Concello de Ribadeo, os seus cidadáns, e todas as forzas políticas que compoñen a Corporación Municipal, lle veñen de dirixir unha carta á conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, amosándolle a súa preocupación pola futura residencia da terceira idade a executar en Ribadeo. Hai partidas orzamentarias que se teñen que investir neste 2014 e o Concello está pendente dun requisito esencial que é a correspondente autorización autonómica.

O escrito está asinado polo alcalde, Fernando Suárez; pola concelleira de Servizos Sociais, Teresa González; polos voceiros do PP, PSOE e UPRI, Manuel Valín, Eduardo Gutiérrez e Agustín Reimóndez, respectivamente; e polo portavoz dos veciños, José Mª Rodríguez.

Na carta preganlle encarecidamente “que dea as instrucción precisas ou remova os obstáculos que poidan existir para que os veciños e as veciñas deste concello poidan ver cumprido este obxectivo nos prazos comprometidos documentalmente”.