As XI Xornadas de Abordaxe Integral da Violencia de Xenéro, Reafirmando Estratexias terán lugar o 21 e o 22 de setembro no Teatro de Ribadeo.

Desde a Concellaría de Igualdade explican que “na praza Oito de Marzo  o sábado, 22 de setembro, se instalará a Carpa da Igualdade onde se desenvolverán ao longo da tarde actividades para ás crianzas de entre 4 e 12 anos. As actividades promoverán e traballarán a igualdade de xénero. Haberá varios espazos na carpa: O espazo de Construíndo Igualdade, onde xs nenxs realizarán manualmente cousas como por exemplo un obradoiro de chapas de personaxe femininas relevantes de Ribadeo, obradoiro de Hamabeats con nomes de mulleres inventoras, mural con pintura de dedos para colorear sobre a igualdade, atrapabola de personaxes femininas…O espazo Xogando Igualdade,  onde se desenvolverán xogos que se basearán en dinámicas que xeren actitudes e valores igualitarios como xogos non sexistas, de linguaxe non sexista, actividades de aprendizaxe con inventos de mulleres, xogos cooperativos de educación, etc”.

E engaden: “na carpa haberá tamén o espazo Contando Igualdade no que contaremos co espectáculo de narración oral de Raquel Queizás, Ruta propia,  que  reivindica a figura da escritora e mestra rebelde que loitou pola nosa lingua e pola igualdade creando nas súas obras personaxes femininas activas e  protagonistas, Mª Victoria Moreno. E o espazo Biblioigualdade para aquelxs nenxs que queiran dedicar un tempo da tarde a ler novos contos. Serán adaptados ás diferentes idades, pero que tratarán a temática da igualdade de xénero”.

Todas estas actividades desenvolveranse en horario de 17.00 a 20.00 horas e contarán con monitorxs durante ese tempo. Terán preferencia para participar xs fillxs das persoas que estean anotadas nas xornadas. A Concellaría de Igualdade anima “a pasar pola carpa  e  a que deixedes as vosas crianzas e vos acheguedes ata o Teatro para escoitar algunha das conferencias das XI Xornadas de Abordaxe Integral da Violencia de Xénero desde o Ámbito Local”.