Desde o equipo de goberno subliñan que “o Concello leva un tempo potenciando produtos coma o percebe de Rinlo ou a carne ao caldeiro de Remourelle, dúas citas gastronómicas moi importantes nos veráns de Ribadeo”.

A festa da carne ao caldeiro de Remourelle iniciaráse á unha do mediodía, hora á que se servirán os 350 kilos de tenreira autóctona cociñados para a ocasión. O evento está organizado pola asociación de veciños de Remourelle en colaboración co Concello de Ribadeo e a Área de Cultura da Deputación de Lugo. En Remourelle haberá amenización musical para o xantar e a media tarde actuará o grupo folclórico Arco da Vella de San Miguel de Reinante.