Formaron parte desta programación a contadora de contos Raquel Queizás, Baobab Teatro e Rilo e Penadique, que mesturaron teatro e música.

Este domingo, e especialmente dirixido a familias con crianzas de 6 meses a  4 anos, os protagonistas serán Caramuxo Teatro e súa obra Redondo, unha proposta que xoga coas formas e as cores e coa súa percepción polos máis pequenos.

Redondo foi o espectáculo mellor valorado polo público na programación Vigo Cultura 2018, seleccionado en Galicia Escena Pro e  en Feten 2018.

Mais o Apego de Ribadeo, que busca potenciar a transmisión do galego aos nenos e nenas, continúa ata o verán con Teatro dos Ghazafelhos, Fátima Fernández, Velaísca ou Raquel Queizás e incluirá dúas sesións de obradoiro arredor do xogo heurístico impartidos por María Novo para as familias.