O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, manifestou: “estamos moi contentos de que se imparta este campus en Ribadeo. É algo extraordinario para o noso pobo que campioas de ximnasia rítmica e deportistas de elite se fixen en Ribadeo para ensinarlles ás nosas nenas todo o que elas saben”.

O edil ribadense explicou que “é un campus impartido por tres rapazas búlgaras, que se proclamaron campioas olímpicas en Tokio 2020. E só pasan por Ribadeo e por Zaragoza. A cita comezou onte e rematará o 15 de xullo”. 

Silvent tivo palabras de agradecemento para os clubs organizadores deste campus: “queremos tamén dar as grazas as clubs Quicela e Porta Norte por facer realidade este campus e queremos amosarlles o apoio da Concellería de Deportes de Ribadeo”.