Ata o Campus do Atlético de Madrid se desprazaron na xornada de onte o alcalde, Dani Vega, e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent. O rexedor felicitou á organización pola gran acollida desta cita deportiva e agradeceu que “unha vez máis elixisen Ribadeo para impartir este campus, pola promoción que supón para a nosa vila e polos valores que lles transmiten aos asistentes. Ribadeo é unha vila aberta, que conta con diversas instalacións deportivas para acoller esta e outras propostas, que sempre estamos encantados de recibir”.