Segundo explicou a concelleira de Sostibilidade Ambiental e Medio Mariño, Paz Ermida, “ensináronlles os recunchos, as covas e os arcos, e explicáronlles tamén en qué consiste o seu traballo. Foron un grupo de 16 persoas incluídos os acompañantes, os cales quedaron gratamente sorprendidos e agradecidos coa organización e atención en todo momento”.

A edil nacionalista contou que “os participantes nesta actividade preguntáronme onde conseguimos sacar xente así, xa que non era moi habitual encontrarse con este nivel de profesionalidade e dedicación”. Foi o persoal de socorrismo o encargado de xestionar os pases para que os usuarios de Camiño accedesen á praia das Catedrais.

A concelleira ribadense quixo destacar “o orgullo de contar cun equipo de profesionais, que a pesar de contar  con menos persoal que o ano pasado, tendo tanto ou mais traballo, son capaces de organizar e levar a cabo actividades mais aló das súas obrigas laborais”.

Paz Ermida engadiu que “a actividade pretende combinar a educación ambiental coa integración das persoas con algún tipo de diversidade funcional. Para o seu desenvolvemento téñense en conta as condicións meteorolóxicas”.