Os condutores atoparán sinal de rúa cortada e limitación de tonelaxe a 12 toneladas no cruce de Virxe do Camiño con Luz Pozo Garza; na rúa San Roque á altura da rúa Vilalba, e no cruce de Rosalía de Castro coa Lodeira. Tamén se habilitará o espazo público detrás do Cine Teatro para o acceso exclusivo dos residentes na Avenida de Calvo-Sotelo.

Desde a Policía Local informan tamén que “por parte da empresa constructora se procederá a habilitar un paso por enriba da mediana de Rosalía de Castro para facilitar o cambio de sentido. Será nun punto próximo ao cruce onde se desenvolverán os traballos que ocasionarán o peche desta rúa”.

Estes cambios serán efectivos desde as 8:30 horas do vindeiro xoves, 10 de novembro, ata os primeiros días do mes de decembro, “por mor do tempo de fraguado do formigón que se lle dará a ese vial, á rúa San Roque”.