Esta modificación ven motivada pola revisión no censo electoral levada a cabo co fin de non superar os 2.000 electores en ningunha das seccións electorais e dar cumprimento ao disposto na Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG). Deste xeito os residentes afectados pasan a ter o seu lugar de votación na sección 1ª (Oficina de Turismo nova, sita na rúa Dionisio Gamallo Fierros).

As rúas afectadas por este cambio son: Villafranca del Bierzo, dos números 1 ao 15; Reinante, do 1 ao 39; San Francisco, do 2 ao 26; e Praza de España, do 9 ao 16.