O rexedor asistiu esta mañá á inauguración das xornadas técnicas sobre a calidade do leite que se desenvolven hoxe e mañá no auditorio municipal Hernán Naval. Suárez Barcia subliña “a importancia que ten para Ribadeo a celebración deste tipo de eventos en tempada baixa porque redundan dun xeito especial tanto no comercio da vila coma na hostalería”. Nas xornadas técnicas sobre a calidade do leite están a participar unhas 150 persoas.