A Policía Local de Ribadeo recibiu onte pola tarde a chamada dun veciño que alertaba de que unha finca a carón do mar na parroquia de Piñeira estaba ardendo.

Calcinada caravana en Piñeira - Ribadeo

A Policía Local de Ribadeo recibiu onte pola tarde a chamada dun veciño que alertaba de que unha finca a carón do mar na parroquia de Piñeira estaba ardendo. A patrulla desprazouse ata o lugar e comprobou que era unha caravana o que estaba a arder con llamaradas intensas. Os axentes conseguiron controlar o lume cunha mangueira que había na finca ata que chegaron os bombeiros do parque de Barreiros, que sofocaron o incendio.

Segundo informa a Policía Local o propietario da finca, que se personou no lugar, manifestou que parte do peche da zona norte estaba tirado, polo que se cre que alguén accedeu á finca.