O edil Xavier Campos dixo que “segue aberto o prazo para apuntarse nos Cafés de Idiomas que puxemos en marcha hai un par de semanas. A día de hoxe temos persoas anotadas en catro linguas diferentes para constituír catro grupos: de inglés, de francés, de alemán e de galego”.

O concelleiro de Mocidade sinalou que “do que se trata é de que todas aquelas persoas que, por diferentes motivos, aínda non tivesen coñecemento ou non se animasen a apuntarse para participar nesta actividade que saiban que poden facelo en calquera destes catro idiomas (inglés, francés, alemán e galego) e tamén calquera outro que eles consideren de interese, sempre que haxa un número mínimo de participantes”.

E lembrou que “para inscribirse simplemente é preciso pasar pola Casa da Xuventude ou chamar ao seu teléfono, que é o 982.129.889, e poñerse en contacto coa persoa que coordina a Casa da Xuventude, Verónica Fernández, para inscribirse nesta actividade, os Cafés de Idiomas, que é o segundo ano que a facemos e pensamos que vai ter o mesmo éxito que tivo no 2012”.