Fernando Suárez  deséxalles a todos os veciños e veciñas de Ribadeo “un moi bó 2013 e que este ano que vai entrar sexa o inicio dunha recuperación económica que traiga traballo e oportunidades sobre todo para as familias que o estiveron a pasar mal nestes últimos tempos, estaban sen traballo e con necesidades e sen  avistar unha saída. Estou confiado en que todo se poderá amañar e que o vindeiro ano, que entra nunhas horas, será mellor para moita xente”.

O alcalde ribadense amósase convencido de que “no 2013 entre todos os membros da Corporación Municipal darémoslle un impulso definitivo e sen volta atrás ao PXOM de Ribadeo. Seguiremos a traballar desde o goberno municipal en todos aqueles aspectos que redunden na melloría da calidade de vida de todos os nosos veciños e veciñas”.

Suárez Barcia tamén está convencido “de que a unidade da Corporación Municipal fará o posible para derrubar todos os obstáculos que estamos a ter, todas as pedras no camiño que nos están a poñer, para que Ribadeo poida contar cunha residencia de maiores. Unha residencia de maiores que veña complementar a que xa temos, que funciona moi ben, pero que é moi pequena e non da cabida á tanta demanda que temos, básicamente de Ribadeo. Estou convencido que deste traballo man a man entre as asociacións de veciños e entre os grupos da Corporación este 2013 será un ano decisivo e definitivo para a consecución dunha residencia de maiores en Ribadeo”.