O alcalde, Fernando Suárez, sinala que “será para cubrir as vacacións do persoal que temos ou para situación esporádicas de incapacidade temporal, permisos ou a acumulación de tarefas de carácter puntual. Todo isto fixo necesario que desde o Concello aprobásemos este regulamento para ir tamén a un modelo semellante ao que xa utiliza desde hai moito tempo o Sergas ou a universidade para tentar repartir a carga de traballo no máximo número de xente posible”.

O rexedor indicou que “creamos unhas bases e a partires de mañá, 20 de febreiro, ábrese un prazo de quince días para que todas aquelas persoas que teñan no seu poder a titulación axeitada, que neste caso é formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente ou estar en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, ademais de ter, cómo non, o carné de conducir da clase B1 e disponibilidade de vehículo”. Suárez Barcia engadiu que “durante estes quince días está aberto o prazo para que poidan aportar todos os méritos, as titulacións, os cursos, as experiencias que poidan acreditar e despois un tribunal avaliaraos e publicitárase na páxina web do Concello, onde quedarán expostas por orde de puntuación e por ese orde serán chamadas no caso de ter que cubrir unha suplencia, unha baixa, unhas vacacións, etc”.

O alcalde ribadense manifestou que “esta bolsa de emprego créase cunha duración de dous anos e logo cada seis meses pódese proceder á súa renovación no caso de que as persoas estiveran nela tivesen algún mérito a maiores que poidan engadir. Incluso si algunha persoa no seu momento non se incorpora a esta bolsa de emprego e o quere facer podería engadirse, pero pasará a formar parte do final da lista”.

Os/as interesados/as en obter máis información poden dirixirse á páxina web do Concello ou achegarse pola propia Casa do Concello, “onde lles darán máis datos sobre este aspecto. A idea que temos é que o pouco traballo que poida haber abrilo á maior xente posible e que primen os criterios dos méritos e das capacidades”.