O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “nesta iniciativa conxunta desde o plano turístico e desde o plano deportivo lle debemos agradecer a Koodza, esta empresa que se instalou hai pouco aquí en Ribadeo, que coa súa entrega de 12 bicicletas de xeito gratuito ao Concello permitiranos a nosoutros renovar este parque de bicis que tiñamos moi deterioradas, moi vellas e que nos estaban a dar bastantes problemas”. O rexedor sinalou que “así contaremos cun parque novo, moderno e atractivo para todos os veciños de Ribadeo, pero sobre todo para todos estes visitantes, miles e miles de persoas, que veñen todos estes anos e que este verán tamén estarán por aquí, e así poderán circular ou pasear polas praias. As bicicletas alquílanse na oficina de turismo ao prezo de 5 euros ao día, tal e como recolle a propia ordenanza, más que nada para ter certo cuidado do propio usuario”.

Suárez Barcia agradeceu “no nome do Concello, da Delegación de Turismo e da Alcaldía a Koodza que tivese este detalle, lóxicamente levan a súa publicidade e tamén a do Concello de maneira institucional”. As bicicletas estarán a disposición dos que desexen alquilalas a partires desta fin de semana. Das doce hai dúas que van dotadas con sillas para transportar aos nenos.

O acto desta mañá contou coa presenza do alcalde, Fernando Suárez, a concelleira de Turismo, Ana Martínez, e o responsable de Koodza en Ribadeo, Pelayo Álvarez.