Concello de Ribadeo
Familia e infancia
O traballo con familias e coas crianzas é vital para todos/as os/as profesionais que se dedican a temas sociais. Do mesmo xeito que a infancia e o periodo no que ten lugar dun xeito máis intenso o proceso de socialización dunha persoa, a familia é o núcleo no que se inicia este proceso e onde se xeran os mecanismos para a resolución dos propios problemas.
Vixiar e colaborar no benestar das familias pode axudar a evitar e previr situacións de risco que poderían conducir ao deterioro desta e, polo tanto, das persoas que a forman. A través dos/as profesionais de Servizos Sociais do Concello de Ribadeo, as persoas interesadas poderán obter información e asesoramento sobre os seguintes recursos e prestacións, todas elas dirixidas a núcleos familiares e a nenos/as:
- Axudas periódicas de prevención e apoio as familias para a integración do menor
- Título de familia numerosa
- IRPF: abono mensual anticipado da dedución por maternidade para traballadoras con fillos menores de 3 anos
- Pago de 2.500 euros por nacemento ou adopción de fillos
- Prestación económica de pagamento único por fillo menor a cargo
- Cheque infantil: axudas para a atención da primeira infancia en centros non sostidos con fondos públicos
- Prestacións familiares por fillo a cargo da Seguridade Social
- Incentivos á contratación dirixidos a favorece-la conciliación da vida laboral e familiar
- Axudas á conciliación da vida familiar e laboral
- Becas do Ministerio de Educación (web do MEC)
- Axudas para alumnos con necesidades educativas especiais
- Deducións familiares IRPF
Así mesmo, poderán informarse sobre os seguintes programas:
- Intervención en casos de maltrato infantil
- Programa de axuda no fogar
- Programa de educación familiar
- Adopción
- Acollemento Familiar
- Preescolar na Casa-Educar en Familia
- Apoio ás familias monoparentais
- Programa de leite escolar
- Medidas de Medio Aberto
- Puntos de Encontro
- Atención directa a menores:
- Teléfono da infancia: 900 333 666
- Servizo de atención ao menor