Concello de Ribadeo
Benestar Social, Saúde e Familia
Os servizos sociais de atención primaria do Concello de Ribadeo constitúen o nivel máis próximo aos cidadáns e cidadás e ao seu ambiente familiar e social.
A través deste departamento, desenvólvense unha serie de programas e axudas dirixidas a favorecer a participación, integración e benestar social das persoas e dos grupos dentro do seu entorno, especialmente de todos aqueles que se atopan, ou corren o risco de atoparse, en situacións de carencia ou marxinación.
Estes servizos constitúense en elemento básico do sistema no que se refire á prevención, detección e análise de necesidades, á prestación de servizos axeitados ás mesmas e á programación de traballo social. Son, ademais, a porta de acceso desde a que se derivarán aos servizos de atención especializada, previa prescrición técnica, aqueles casos que pola súa complexidade ou especificidade así o requiran.