O rexedor dixo: “sobre estas declaracións estrambóticas do alcalde de Becerreá eu teño que dicir pola miña parte que eu son quen son, sei quen son, de onde veño, sei como pensei sempre e como penso e para onde vou. E cando acabe o meu periplo aquí, neste Concello, sexa cando sexa ese momento, para onde me irei será para o meu posto de traballo, que é precisamente noutro Concello próximo a este. Non vou ir para un lado nin para outro, ireime para o meu posto de traballo, que é o que sempre podo dicir con orgullo e con satisfacción”.

Suárez Barcia engadiu: “sobre a cuestión da compra de vontades ou non porque a Deputación puidera incluír a Ribadeo neste convenio para a xestión da residencia, máis que compra de vontades o que fixemos tanto por parte do Concello de Ribadeo, xa non só do goberno senón do pleno da Corporación, e por parte do goberno da Deputación foi, diante da pasividade e do pasotismo da Xunta de Galicia, dar resposta á vontade dos nosos paisanos e das nosas paisanas de ter un modelo óptimo de funcionamento para a residencia de Ribadeo; é dicir, preferentemente para a xente de aquí sen prexuízo da da nosa comarca e da nosa provincia e con prezos asumibles e asequibles para as rendas que poidan ter os nosos paisanos e as nosas paisanas”.

O alcalde indicou que “polo tanto elucubrar ou andar enredando con outras cousas supoño que será un intento de desviar a atención destas actuacións esperpénticas que está a facer, cubrindo con este tipo de falsas informacións que absolutamente quero desmentir”.