<p>O alcalde, Fernando Suárez, asina un Bando con motivo da celebración mañá, 25 de xullo, do Día da Patria Galega no que alude ao dereito a vivir nesta terra sen ter que emigrar, ao deber de garantir a igualdade de oportunidades para todas e todos. ao dereito a un entorno saudable e a un futuro ecoloxicamente sustentable. Barcia subliña que “Galiza é unha tarefa colectiva que require do esforzo de todas e todos nós”. </p>