Jorge Díaz declarou que “desde o Concello valoramos positivamente recibir estas bandeiras azuis. Tamén queremos facer un pequeno recordatorio ao Club Náutico de Ribadeo, porque é de valorar o grande esforzo que fai”.

Para o concelleiro de Medio Ambiente “este ano é ano especial. Xa sabemos o que son as bandeiras azuis que levan unhas normas e requisitos diferentes a outro tipo de galardóns. Este ano vai ser unha cousa extraordinaria debido ao tema sanitario que estamos a vivir. Isto vai supoñer un sobre custo para todos eses sitios que teñen as bandeiras azuis, neste caso tamén para Ribadeo Ribadeo”.

O edil ribadense subliñou que “estamos contentos por recibir estas bandeiras azuis e a ver como imos afrontando todas estas normas extraordinarias que imos ter. Valoramos positivamente ter recibido estes galardóns”.

O Concello está pendente de coñecer cantos socorristas lle subvencionará a Xunta de Galicia para planificar a tempada de verán deste 2020.