A edil nacionalista dixo que “se trata dun motivo de orgullo a obtención destes galardóns, que son un recoñecemento ao traballo feito e mantido ao longo dos anos”.

Paz Ermida sinalou que “seguimos e seguiremos traballando para conxugar educación ambiental e turismo. É importante o desenvolvemento sostible da nosa costa, tendo en conta o potencial turístico de Ribadeo. Pero non por iso debemos esquecer e deixar de lado o mantemento do noso entorno natural e as labores de concienciación entre a poboación”.

A concelleira de Sostibilidade Ambiental e Medio Mariño lembrou: “o traballo realizado ao longo de todo o ano para ter os areais e o sendeiro nas mellores condicións posibles para o seu goce por parte de toda a veciñanza. Isto non é un traballo de dous meses, é unha tarefa que fai durante todo o ano. E seguiremos a traballar nesta liña”.

Desde o Concello felicitan ao RCNR pola bandeira azul, que ven de renovar tamén o porto deportivo ribadense.