A edil nacionalista sinalou que “é un motivo de alegría e de orgullo polo recoñecemento ao traballo feito ao longo de todos estes anos. Neste caso no novo equipo de goberno estamos a recoller o testigo da labor realizada polos compañeiros da Concellaría de Medio Ambiente, sobre todo de Horacio Cupeiro, que era o que levaba todo isto”.

Ermida  explicou que “este ano obtivemos novamente o galardón para as praias de As Catedrais e Os Castros-Illas e tamén para o sendeiro azul que vai desde o faro da Illa Pancha ata As Aceas. E gustaríame tamén parabenizar ao Club Náutico de Ribadeo, que é o quen xestiona o porto deportivo, que tamén obtivo ese galardón. E aínda que non é xestionado polo Concello tamén merece ser recoñecido e parabenizado”.

A concelleira de Sostibilidade Ambiental “a bandeira azul é o recoñecemento ao saber conxugar o turismo cunha educación e unha sostibilidade ambiental, que cada vez é máis necesaria e importante. Trátase de ver reflectido nun distintivo a labor diaria de manter o entorno, de conservalo, e de saber destinalo a un turismo sostible que non deteriore o medio natural e marabilloso que nos acompaña”.