O edil nacionalista amóuse satisfeito por este recoñecemento e sinalou que “hoxe que recollemos tres das cinco modalidades da bandeira verde quero felicitar aos veciños, aos traballadores de Medio Ambiente e ao axente de Sostibilidade polo esforzo prestado para conseguir este galardón do que só poden disfrutar tan só 74 concellos. Agradecer á FUCI o esforzo de convocarnos na participación de loitar polo medio ambiente sostible e polo consumo responsable”.

Cupeiro dixo que a bandeira verde “comprométenos ainda máis para seguir loitando de forma digna por defender  que nos concellos os cidadáns disfruten dunha boa calidade de vida”. O responsable de Medio Ambiente tamén tivo palabras de felicitación “aos once concellos galegos que lograron esta distinción e concretamente ao de Burela por conseguir as cinco estrelas do premio”.