Ao acto asistiron representantes de todos os partidos políticos que forman parte da Corporación Municipal: Ciudadanos, PSOE, PP e BNG.

O rexedor asegura que “con esta nota de cor, a Corporación Municipal de xeito unánime quixemos expresar o apoio expreso á loita contra a desigualdade, ostracismo e incomprensión que levan padecido e aínda padecen aquel@s por razón da súa orientación sexual”.

Suárez Barcia engade: “sumámonos ás reivindicacións do movemento LGBT pola superación das barreiras e desigualdades que sofren estas persoas. O recente atentado de Orlando, a morte e o cárcere en moitos lugares do mundo, a discriminación, a humillación e o insulto… É algo que non se debe consentir”.