Vicente Castro dixo: “queremos aproveitar a estancia dos Malabo Kings aquí en Ribadeo para, ademais da preparación e dos adestramentos que están a realizar no pavillón, darlles a oportunidade de enfrontarse a algún equipo galego. E aproveitar a ocasión tamén para que este club angoleño, o Atlético Sport Aviaçao, que se encontra estes días en Melgaço, en Portugal, se achegue para disputar un partido con eles. Nós, a través de Ribadeo Eventos e das Concellarías de Deportes e de Turismo, queremos poñer á disposición do equipo Malabo Kings este pavillón, que queremos promover. Por iso queremos darlles á oportunidade de facer algún partido de certa categoría e aproveitar a ocasión para promover o baloncesto en Ribadeo”. O concelleiro de Deportes engadiu que “nesta ocasión tamén contamos coa participación do equipo de baloncesto CB Ría de Ribadeo, representado polo seu director deportivo Sama, que colabora na organización destes partidos en todo a referido a arbitraxe, mesas, etc. Agradézolle a súa colaboración e agradezo tamén a colaboración dos Malabo Kings que se implicaron na busca de equipos para levar adiante estes amigables. Desexar que todo saia ben e convidar a tódolos ribadenses a que veñan a gozar do baloncesto de elite e internacional. E esperamos que a estancia aquí dos Malabo Kings sexa todo un éxito para eles e para nós”.

Pola súa banda, o director deportivo do CB Ría de Ribadeo, José Antonio Sama, indicou que “desde el Club de Baloncesto  Ría de Ribadeo estamos encantados de tener aquí a los Malabo Kings. Todo lo que sea baloncesto en la villa para nosotros es un motivo de satisfacción y además van a jugar dos partidos aquí, con lo que todos los chicos y chicas de nuestro club van a poder disfrutar de estos partidos y no solo eso, sino que también intentaremos llevar a cabo una jornada de convivencia para lograr que los chicos de nuestro club sigan enganchados al baloncesto y que a partir de esta visita los Malabo Kings tengan algunos seguidores más aquí en Ribadeo. Seguro que va a ser así y además ahora con internet, van a poder seguirlos”. Sama tivo palabras de agradecemento para ao Concello: “nosotros queremos agradecer al Concello que abra las puertas a este equipo, y a Hugo y al resto del cuerpo técnico de los Malabo Kings, que han mostrado facilidades y buena predisposición para hacer las cosas. Desde aquí, ofrecer nuestro club para echar una mano en todo aquello que podamos”.

Hugo López, adestrador de Malabo Kings, manifestou: “yo como entrenador, nada más que estar agradecido al Concello de Ribadeo, al Club de Baloncesto Ría de Ribadeo y a la Concejalía de Deportes porque desde el día que llegamos no ha habido nada más que facilidades por parte del Concello, e incluso por parte del Hotel O Cabazo, en donde estamos francamente bien y el equipo se encuentra muy a gusto. Creo que aprovechar nuestra estancia aquí de tres semanas para jugar dos partidos de primer nivel, el primero contra el Leyma Basquet Coruña, que yo creo que está haciendo  una excelente campaña y traerlo a Ribadeo me parece una oportunidad fantástica, y el segundo contra el Atlético Sport Aviaçao de Angola, que es equipo top en su país y que es probable que pueda jugar  la Copa de África. Por nuestra parte nos sentidos muy arropados y nos gustaría ver también ese apoyo por parte de la gente de Ribadeo en los dos partidos, tanto jueves como sábado, porque nos estamos sintiendo como en casa. Y queremos devolverles a nuestra manera, que es con el baloncesto, la gratitud con la que nos están tratando”. López explicou que o equipo angoleño “está en Melgaço como bien decía Vicente, contactaron conmigo, se enteraron de que los Malabo Kings estábamos en Ribadeo y a través de contactos entre los entrenadores hemos facilitado este encuentro y gracias a que Ribadeo cuenta con este pabellón hemos logrado traerlos”.

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, amosouse orgulloso “de facer a vila un pouco máis internacional. Neste caso, co baloncesto e a través das infraestruturas deportivas que estamos estreando dende hai moi pouquiño tempo e que están a ser un punto de referencia a nivel global. Que xente doutros países escollan Ribadeo é unha honra para nós e que equipos que xogan na liga africana coma o de Angola e mesmo os Malabo Kings de Guinea Ecuatorial poidan adestrar e xogar aquí é un orgullo. Trátase dunha oportunidade que teñen tódolos veciños de Ribadeo, da Mariña e do Occidente Asturiano para vir ver estes dous partidos, un deles mañá e o outro o sábado, con características internacionais e ademais de balde. Non imos cobrar nada, a entrada é gratuíta, e polo tanto que aproveiten todos aqueles aos que lles guste o deporte, aos que lles guste o baloncesto e que queiran ver estrelas rutilantes do firmamento baloncestístico”.

Malabo Kings e Leyma Basquet Coruña xogarán mañá, xoves, ás 20 horas. E Malabo Kings e Atlético Sport Aviçao de Angola enfrontaranse o sábado ás 19 horas. A entrada a ambos encontros será de balde. Malabo Kings atópase facendo parte da súa pretempada en Ribadeo, tras pasar unhas semanas en Madrid. Aquí estarán ata mediados deste mes.