O concelleiro ribadense explica que “estamos procedendo desde hoxe ao baldeo das rúas peonís da nosa vila con lixivia. Facémolo empregando a barredora nova. Comezamos polas Catro Rúas, pero seguiremos ao longo da semana por outros puntos da localidade, nas zonas onde hai contedores, papeleiras, bancos, etc”.

Díaz Freije engade que “deste xeito incrementamos as medidas de limpeza viaria habituais para facerlle fronte entre todos e todas á expansión do Covid-19. Actuamos por prudencia e precaución”.