Martínez amosóuse moi satisfeita do traballo realizado ao longo da feira, “de feito durante os dous primeiros días de xornadas técnicas e de traballo houbo algúns empresarios que se achegaron ata Valladolid e estivemos facendo unha serie de contactos e de traballo co apoio ao sector empresarial dende a Delegación de Turismo. Incluso fixemos algún tipo de contacto en talleres de traballo con turoperadores de turismo de Rusia e falamos sobre temas de Ribadeo, de eventos; puidemos ir canalizando todo isto. Co cal no seu conxunto entendo que foi moi positivo, non soamente polo propio stand, que ademais de gustar moito, tivo moita afluencia de público”.

Sobre As Catedrais dixo: “algúns xa coñecían a praia, outros escoitaran falar dela, pero en todo caso a xente buscaba coñecer máis de preto o que é Ribadeo, porque en moitos casos o situaban en Asturias, noutros casos aparte de visitar a praia non coñecían nin sabían que está no propio concello de Ribadeo”.

Para a concelleira de Turismo “estas feiras un pouco máis pequenas, de maior proximidade, nas que o contacto é moi directo cun público próximo, son moi importantes. Por iso este traballo conxunto que fixemos Acisa e o Concello para intentar promocionar a nosa vila, o noso concello, me parece moi importante, me parece unha labor incluso que nalgúns momentos debemos repetila e dende logo entendo que pode ser bastante frutífera para que xente que ao mellor neste tempo entre o verán e a Semana Santa poida tomar como referencia Ribadeo para o seu tempo de vacacións, para unha visita de fin de semana, para algunha que outra ponte que poida xurdir en diferentes comunidades”.

Ana Martínez engadiu que “no tema das feiras sempre hai que ter en conta que ás veces ir en solitario supón un esforzo económico importantísimo. Neste caso ao xuntarse a asociación de comerciantes e o Concello entendo que é unha unión moi importante que nos permitiu estar presentes en Valladolid cun stand dende logo da categoría incluso de comunidades autónoma, porque en fronte mesmo de nós tiñamos a Turgalicia, que presentaba como apertura de costas de toda Galicia a propia praia das Catedrais, aínda que nalgúns momentos non nos teñen en conta para introducirnos neste top ten de  Galicia, pero si para incluírnos como referente para que a xente acuda á costa galega”.

A edil nacionalista manifestou que “ir sos ás feiras ás veces é unha complicación pero intentaremos estar en Bilbao, si non pode ser con stand, acudir a mesas de traballo onde poidamos contactar con turoperadores, con axencias de viaxe directas, incluso con xente que organiza viaxes para eventos e incentivos e dende logo para nós é un horizonte próximo”.