O rexedor fixo un balance positivo “de todas estas notificacións que estamos enviando nesta temporada aos propietarios de fincas que as teñen moitas veces invadidas pola maleza e que provocan problemas de salubridade ou de ornato público. Aínda que hoxe non me quero referir a eso concretamente senón específicamente a estes outros propietarios de baixos comerciais que os teñen sin enfoscar así como a outros propietarios de muros, de peches ou de cerramentos, que tamén están sin enfoscar”. Suárez Barcia explicou que “a xente está empezando a responder, algo que desde o Concello valoramos moi positivamente porque o feito de que se empecen a pintar os baixos e os muros que estaban de ladrillo, sin enfoscar, a verdade é que é un acto de orgullo por parte de todos eles para coa sua propiedade e para con Ribadeo tamén”.

O alcalde engadiu que “os visitantes, a xente cando ven de fóra, e ve un Ribadeo limpo, curioso, pintadiño di moito dos propietarios e tamén de Ribadeo como conxunto. De aí que desde o Concello imos seguir insistindo e a todos aqueles que aínda non lles chegou a documentación nos próximos tempos seguirenos enviando este tipo de requerimentos polas boas, aínda que aqueles que non cumpran serán requeridos e finalmente serán sancionados. Porque a lei esta para cumprir e entre todos temos que, coas normas que nos dotamos, facer unha convivencia mais armónica e mellor”.

Suárez Barcia tamén se refeiriu “a esas declaracións que, por facerse ver, o Partido Popular de Ribadeo fixo sobre o meu salario do seguinte xeito: todo o PP, nin todos xuntos, nin individuais, nin en rea, nin de frente, nin de os antes nin os de agora, me van a dar a min leccións de ética sobre a cuestión económica do Concello nin sobre as miñas retribucións, que están fixadas polo pleno e son públicas, desde logo, e que distan non moito, senón moitisimo, por menos cantidade lóxicamente, que as que a puido ter cobrado o alcalde anterior do Partido Popular cando estivo liberado no  Concello de Ribadeo. E non falo de hai dous anos precisamente, senón de hai dez, doce ou trece anos”.

O rexedor considera que “o Concello de Ribadeo é exemplar, con 10.200 habitantes, o pouco que se está gastando en retribucións de persoal político. Por outra banda, desde o punto de vista do número de traballadores ao servizo do Concello en xeral dos últimos anos é cando menos xente temos traballando e os servicios estanse prestando igual ou máis que antes, cando había mais xente. Desde logo ese é un dato obxectivo que esta aí para quen o queira ver”.