O alcalde, Fernando Suárez, dixo: “cousa boa, pois que hoxe temos un positivo menos ca onte, polo que o número baixa a tres aínda que os contactos en seguimento seguen en 20”.

Para o rexedor cousa mala: “é ver as noticias do que pasa polo resto do País, do Estado e do mundo. O que acontece en Totana, Ordizia, Barcelona ou en tantos outros lugares pode pasar aquí se non cumprimos as recomendacións e as obrigas que as autoridades sanitarias indican. Non baixemos pois a garda.  Moito ánimo e sigamos así”.