O rexedor explicou que “acabamos de recibir no Concello o correo diario onde a Consellería de Sanidade nos remite os casos activos e mais en seguimento. Este é por certo o segundo día no que os alcaldes/as dos municipios afectados non somos convocados á vídeo conferencia que mantiñamos cos responsables políticos da Xunta para avaliar a situación sanitaria na comarca”.

Suárez Barcia dixo que “en todo caso, en Ribadeo confírmase o mesmo número de casos ca onte, seguen sendo tres, con un dato un chisco máis positivo: o número de persoas que están en seguimento baixa de 27 a 24. Quere dicir isto que a xente de Ribadeo está a facer as cousas ben no seu día a día. Enorgulléceme moito ver á cidadanía comprometida co uso da máscara e co cumprimento das normas”.

E engadiu: “temos que continuar así para saír deste pesadelo para a semana que vén e recuperar este verán. Forza”.