O rexedor dixo que “presentamos hoxe unha nova iniciativa que desde a Área de Servizos Sociais do Concello de Ribadeo queremos levar adiante no mes de marzo. Trátase dunha actividade lúdica para a xente maior da mesma maneira que o Concello ten feito algunha comidade de irmandade ou mesmo viaxes en tren. Dado que no 2009 non fixemos nada deste tipo e á vista de que o tema do tren estaba un pouco visto e queremos darlle un descanso e a comida non nos parecía moi axeitado, e atendendo a unha forte demanda que existe…moita xente nos di que en localidades cercanas como Foz ou como Burela hai este tipo de bailes orientados específicamente á xente maior e que botaban esto de menos esto en Ribadeo”.

Fernando Suárez contou que “falamos cunha coñecida sala de festas aquí en Ribadeo para que en días ou nun día no que non se lle faga a competencia, por exemplo un xoves, poder iniciar uns bailes para a terceira idade co título de Unha man na cintura, destiñados a todas aquelas persoas da vila e das parroquias para que se acheguen a disfrutar do baile. É para a xenter maior de Ribadeo, pero tamén poderán participar veciños doutras localidades si así o desexan. A sala de festas pon as súas instalacións e o Concello costea a orquestra e un servizo de buses con tres rutas para as parroquias do interior. Unha sairá de Cedofeita pasando por Piñeiro, Couxela, Santalla e Porto, outra irá pola Ponte, Arante, Remourelle, Covelas, As Anzas e Vilela e unha terceira pola Rochela, A Devesa, Rinlo, Vilaframil, Piñeira e Vilaselán”.

O alcalde quere que “todo o mundo poida acudir a esta cita. Os buses iranos buscar entorno ás seis da tarde e levaraos ás dez da noite de volta á casa. Queremos facer estes bailes cunha certa periodicidade. Cremos que é algo demandado desde hai moito tempo e queríamos darlles unha resposta e desde o punto de vista económico o gasto non é moi elevado toda a vez que contamos coa colaboración dunha sala de festas”.

O traballador social, José Luis Gengunde, suliñou que “os interesados en obter máis información sobre este baile poden dirixirse ao teléfono 982 120 808, ainda que a medida que se aproxime a fecha iremos dando máis información que tamén faremos chegar ás parroquias para que saiban as horas e as paradas das rutas der autobús. As rutas son as mesmas que as do transporte escolar”.