Na presentación do estudo que tivo lugar esta mañá en Ribadeo o alcalde, Fernando Suárez, lembrou que “foi subvencionado íntegramente con 4.000 euros pola anterior Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta, e agora por fin podemos presentar o traballo realizado entre un grupo de persoas que participaban no programa municipal de Xantar na casa, xunto con outro que non estaba integrado en dito programa. O estudo demostra que as dúas poboacións anciáns teñen un bó estado nutricional, demostra tamén que hai un sobrepeso nesas persoas analizadas e incluso podemos dar un dato significativo que é que aquelas persoas que están no Xantar na casa teñen un menor grao de obesidade que as outras. Esto é algo que nos convida a seguir traballando polo mesmo camiño”.

O rexedor suliñou que “éste é un dos pouquísimos, por non dicir, o único estudo deste tipo que temos en Galicia sobre este universo de poboación. Servirá de consulta ou de base, non só para a poboación de Ribadeo senón tamén para a do resto da comarca”. Suárez Barcia agradeceu “o traballo realizado polo persoal do centro de saúde de Ribadeo, da xerencia do Hospital da Costa e do Colexio do Médicos de Lugo na persoa do seu presidente, José Ignacio Vidal Pardo, por dar o apoio técnico para facer este estudo, que en definitiva o que ven é a abalar desde o punto de vista médico o que son estes programas de Xantar na casa”.

Pola súa banda José Ignacio Vidal Pardo contou que os obxectivos do estudo “fueron valorar las condiciones de vida, los hábitos alimentarios, el estado de salud y el estado nutricional de la población anciana y estudiar si la intervención del programa del Concello Xantar na casa era útil y si influía en las condiciones de vida y de salud y en el estado nutricional de esas personas. El estudio implicaba una historia clínica, unos test de calidad de vida, unos test de dependencia, una exploración física, y después varias determinaciones analíticas”. O presidente do Colexio de Médicos de Lugo manifestou que “los dos grupos presentaban características muy similares y no había diferencias significativas entre ellos ni en el estado de salud, ni en los hábitos alimentarios que describían, ni en el ejercicio físico…”.

As conclusións do estudo, segundo Vidal Pardo din que “todos ellos presentan un buen estado nutricional con sólo algunos déficits en algún parámetro de algún anciano; presentaban un grado importante de sobrepeso y obesidad, no hay diferencias significativas en cuanto a los hábitos alimentarios, los estados de salud y nutricional entre el grupo al que se le aporta la alimentación y aquellos que la elaboran en su domicilio, salvo en una cosa, que es la presencia de obesidad. La presencia de obesidad abarca al 48% de la población del grupo no intervenido y al 33% del grupo de Xantar na casa, por tanto presentaban la misma situación nutricional con menos obesidad”.

José Ignacio Vidal Pardo suliñou que “desde el punto de vista médico el dato más relevante es que todos ellos presentaban un déficit muy llamativo de vitamina D, más del 90% presentaban un déficit severo. A esta población si queremos mantenerle su masa ósea y evitar su descalcificación y que tengan una buena actividad muscular habrá que suplementarles vitamina D”. O presidente do Colexio de Médicos agradeceu o traballo realizado polos dous médicos, as dúas enfermeiras e o traballador social que participaron na súa realización. Vidal Pardo destacou o apoio do servizo de bioquímica do Hospital da Costa e do centro de saúde de Ribadeo.