O edil nacionalista sinala que “grazas á súa actitude, agás no mes de febreiro, estamos entre o 22 e o 30% de indebidos. Estes datos son para felicitar aos nosos veciños, porque así reducimos o que lle temos que pagar a Sogama”.

Cupeiro dixo que “ainda así sempre hai algún desaprensivo que fai cousas raras. Hoxe pola mañá collemos a unha persoa desas que tanto escriben e falan nos medios de comunicación tirando unha televisión no contedor verde. Temos un punto limpo para tirar estes residuos, entón ésta non é a mellor maneira de proceder en canto á recollida selectiva”.