Estase a poñer en funcionamento un novo múltiplex de TDT na canle 41 e o apagado da emisión do múltiple RGE na canle 63 no centro emisor de televisión do Mondigo e no reemisor de Ribadeo. Estas actuacións forman parte do proceso de Liberación do Dividendo Dixital e permitirá achegar a oferta completa da Televisión Dixital Terrestre a preto de 29.500 persoas dos concellos de Barreiros, Foz, Mondoñedo, O Valadouro, Ribadeo, Trabada e Burela, así coma a outras en concellos limítrofes. En Ribadeo veranse afectados os veciños e veciñas de Arante, Cedofeita, Couxela, Covelas, A Devesa, Ove, Piñeira, Rinlo, Vilaframil, Santalla de Vilausende, Vilaselán e a vila de Ribadeo.

Segundo informan desde a oficina da TDT da Xunta será necesario realizar unha busca da nova canle 41 no receptor de TDT. No caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar a antena colectiva para asegurar a calidade da recepción. Así mesmo, para poder ver as canles que emiten en alta definición será necesario, ademais, dispor dun receptor con sintonizador de alta definición HDTV.

Algunhas zonas de Couxela, que reciben a sinal de televisión polo centro de extensión de Ría de Abres deberán realizar unha busca das canles no receptor de TDT para realizar estes novos axustes.

Os interesados en coñecer de qué centro emisor dependen así coma a calidade da cobertura poden dirixirse ao teléfono: 981 572 154 ou á web: www.tdtgalicia.es