Coa publicación da modificación das bases reguladoras da convocatoria polo sistema de concorrencia competitiva de subvencións para a rehabilitación de vivendas sitas nas áreas de rehabilitación de Ribadeo e Rinlo, publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo o 22 de febreiro de 2020, previa aprobación en sesión plenaria do día 6 de febreiro de 2020, ábrese  un novo prazo dende o día seguinte da publicación  no BOP  ata o 30 de xuño para solicitar as axudas.

Poderanse consultar tamén as Bases Reguladoras nas dependencias municipais e través da sede electrónica do concello de Ribadeo. O rexedor lembra que “a contía da subvención a recibir a fondo perdido no caso máis óptimo poderá chegar ata 16.000 euros. Para levar a cabo obras de rehabilitación deberán contar coa correspondente licenza municipal de obras. O prazo para rematar estas obras e poder xustificar a  subvención remata o 15 de novembro do 2021”.

Os criterios se selección son os seguintes: mellora das condicións de habitabilidade e accesibilidade das vivendas; presenza significativa da unidade da edificación no espazo público; por razón socio económica; e medidas de aforro enerxético.

Suárez Barcia anima “a todos os propietarios a solicitar estas axudas, e seguir na liña de contribuír á rehabilitación, facendo entre todos que os cascos vellos sexan cada vez máis novos”.