O rexedor agradece o consello do grupo municipal popular: “moitas grazas, moi agradecidos, pero habemos pedila como pedimos todos os anos esta subvención do Agader, que a fin de contas a cantidade que nos dan é pírrica e ben baixiña para o nivel de necesidade que ten un concello como Ribadeo, con todas as parroquias que ten, con todos os camiños municipais que ten…”.

Suárez Barcia dixo que “a fin de contas son 46.000 euros os que está disposto a dar a Xunta, que nos da practicamente para a me”ade dun camiño de calquera parroquia. É mais na convocatoria de hai dous anos nin sequera nola quixeron pagar, que tivemos que ir a un contencioso contra a Xunta, que gañamos por suposto, e disto si que non falan para nada”.

O alcalde ribadense engadiu que “xunto con este pequeniño grao de area teremos que achegalo a outros moito máis importantes de fondos propios e mais da Deputación Provincial, senón aviados íamos con estas axudas tan cativas que nos da a Xunta”.