A edil nacionalista apuntou que “nesta primeira semana de agosto vai haber unha actividade bastante intensiva, prácticamente todos os días da semana vai haber actos, tanto para nenos como para adultos. Hoxe, martes, día 3, no Cine Teatro ás nove da noite haberá unha sesión de contacontos para adultos con Charo Pita e Tim Bowley, que está patrocinado polo Xacobeo. Denomínase Camiñando contos e é unha sesión de contacontos en inglés, galego e castelán. A entrada é totalmente gratuita”.

O mércores 4 ás cinco da tarde na praia dos Bloques os máis pequenos van poder participar nun contacontos a cargo de Anxo Moure e a súa ciclobiblioteca. Está patrocinado pola Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo “e polo tanto, ao ser ao aire libre, evidentemente é totalmente gratuito, para que todolos aqueles nenos que queiran poidan participar”. Ese mesmo día vai haber tamén unha serie de actividades da Axenda 21 local, da Área de Medio Ambiente, que a partir das seis da tarde vai ter actividades para os máis pequenos, con música, no Cantón dos Moreno.
Álvarez Lastra seguiu relatando que “o xoves 5 a partir das oito e media da tarde no Cantón dos Moreno haberá teatro de rúa familiar a cargo dos Quinquilláns, cunha obra titulada Os arrieiros. A representación escomenzará as oito e media da tarde no Cantón e despois circulará polas diferentes rúas do casco vello e da zona peatonal de Ribadeo. E rematamos a semana co Musiqueo, o venres 6 e o sábado 7. Haberá actividades de rúa para os máis pequenos e o festival de música, que se vai desenvolver na área recreativa da praia de Os Castros. Haberá autobuses totalmente gratuitos desde o instituto Dionisio Gamallo Fierros en horario de nove a doce da noite e despois de volta de seis a oito da mañá os dous días, para que aqueles xóvenes do noso concello que queiran participar poidan asistir”.

A concelleira de Cultura engadiu que “todo esto se verá complementado con outras actividades, como o campamento musical feito por Amadores da Música ou o mercadillo de postres que realiza a asociación de loita contra o cancro e que vai ter lugar o venres 7. É decir, que axenda cultural non só recolle a actividade que se realiza dende Cultura senon que teremos unha primeira semana de agosto moi cargada de actividades debido á colaboración de todas as entidades que forman parte da nosa vila”.