Queda posposta ata novo aviso a apertura de RibaXogo, prevista para esta mañá. Por mor das alertas ocasionadas pola borrasca que está a afectar a Galicia e por precaución o Concello de Ribadeo tomou esta decisión.

Nas vindeiras horas informarase da nova data de apertura deste centro infantil e xuvenil de ocio, instalado no parque de San Francisco, e organizado polo Concello en colaboración con ACISA.