A charla contará coa participación do experto viveirense José María Vázquez  en exterminación de avespas velutinas, que recentemente creou un sistema para protexer as colmeas.

Os organizadores salientan a importancia e a difusión destas xornadas  ante a ameaza que supón este tipo especie para a biodiversidade e o medio ambiente en xeral.

A charla, que será gratuíta e aberta a todo o público, terá lugar este venres, 26 de febreiro ás 20:30 horas no salón de actos da Casa do Mar.

A avespa velutina pode causar importantes estragos e problemas para a comunidade de apicultores, fruticultores, madeireiros e ao medio ambiente en xeral. É por iso que o Concello quere “convidar a asistir a esta charla a toda poboación. No acto abordarase todo o necesario para aprender sobre a vida e o comportamento deste insecto así como o modo de proceder ante a presenza desta avespa asiática, considerada como moi daniña polo seu gran impacto ambiental”.

Xa ao final da xornada a asociación Os Abelleiros levarán a cabo a súa presentación ante a sociedade, expoñendo as razóns polas que se crearon e os seus obxectivos de traballo conxunto.