Desde Mocidade explican que “acompañadxs polo sol as/os nosos/as mozos/as dispóñense a vivir unha experiencia única. Este campamento é moito máis que diversión: é un espazo onde a igualdade é a protagonista. Durante estes días, mergullaranse en emocionantes actividades ao aire libre, desafiarán os seus medos en emocionantes retos e aprenderán o valor da colaboración e o respecto mutuo”.

E engaden: “estas aventureiras e aventureiros xuvenís, equipados con entusiasmo e valentía, embárcanse nesta experiencia chea de aprendizaxe e diversión. Estamos seguras de que regresarán a Ribadeo con historias incribles para compartir”.