As concelleiras de Servizos Sociosanitarios, Sonia Meilán, Xuventude, Vanesa Yanes, Igualdade, Mariluz Álvarez, e Desenvolvemento Local, Ana Martínez, acompañaron aos pais e nais ribadenses da asociación Capaces neste acto, no que ademáis de colocar os globos procederon a rachar carteis uníndose así ao eslogan deste ano “Rompamos xuntos barreiras polo autismo”.

Para o vindeiro xoves, 6 de abril, está prevista a proxección do documental “Un sueño compartido”. Será a partir das 20:30 horas no salón de actos da Casa do Mar.