O que se propón a través desta audioguía é un paseo por Ribadeo a través da memoria da arquitectura indiana de finais do século XIX e comezos do século XX. O legado indiano é un dos sinais de identidade de Ribadeo, que axudou a conformar unha parte importante da fisionomía urbana da cidade. As casas de indianos e outros edificios ligados á súa influencia (mercados, escolas,hoteis, etc.) son un patrimonio construído que nos permite visibilizar un xeito de vida xa desaparecido, pero que marcou a varias xeracións e deixou unha impronta ata o día de hoxe.

Durante o percorrido visítanse os principais exemplos da arquitectura indiana presentes en Ribadeo: a Torre dos Moreno, a casa de Don Clemente, as primeiras casas da rúa San Roque, a Casa da Calzada, a Casados Ananos, a Casa de Sela… Ademais, hai alusións a outros edificios como a Casa do Concello-Pazo de Ibáñez, Cine Colón, casa natal de El Viejo Pancho, o Teatro, a capela de San Roque, Hotel Ferrocarrilana, etc.

No acto que tivo lugar en Ribadeo participaron o presidente da Mancomunidade, Alfredo Llano, o responsable da Área de Turismo da Deputación de Lugo, Eduardo Vidal, e a concelleira de Turismo de Ribadeo, Ana Martínez.