O luns, 16 de abril, haberá violín e canto; o 17 música e movemento; o 18 percusión; o 19 saxofón e o 20 de abril clarinete.

Asimesmo, o día 29 de abril, coincidindo co Día Internacional da Danza, a sección de danza e ballet da EMMeD de Ribadeo ofrecerá unha actuación, ás 20.30 horas, que tamén terá lugar no auditorio.

O director da EMMeD de Ribadeo, Hugo García Presno, sinalou que “o obxectivo destas actuacións é que o alumnado toque en público, incluso aqueles que están comezando, que vaian perdendo o medo ao escenario e que amosen o traballo feito ao longo do curso”.

As audicións veñen formando parte ao longo dos últimos anos da programación académica da EMMeD de Ribadeo. Proba delo é que durante o mes de maio haberá outra serie de audicións co resto de especialidades que se imparten no centro.