Ata o 16 de febreiro está aberto o prazo de inscrición no curso básico de protección civil que se impartirá en Ribadeo en abril

curso basico proteccion civil ribadeo

Ribadeo acollerá en abril un curso básico de Protección Civil. O prazo de inscrición está aberto ata o 16 de febreiro.

A concelleira de Seguridade e Atención Cidadá, Montse Seijo, contou que “a Xunta de Galicia abriu o prazo de inscrición para a realización do curso básico de Protección Civil. Na provincia de Lugo impartirase de forma presencial en dous lugares, e concretamente un dos elixidos foi Ribadeo”.

A edil ribadense explicou que “as datas previstas son do 3 ao 7 de abril, sendo os días 3, 4 e 5 en horario aproximado de sete e media/oito da tarde a dez e media/once da noite, a razón de tres horas diarias. E a fin de semana en horario de mañá e tarde completando así as 32 horas de duración do curso, das que 22 son teóricas e 10 prácticas”.

Seijo anima a participar: “desde o Concello animamos a todas aquelas persoas que o desexen que se inscriban ao curso no enlace da páxina da Academia Galega de Seguridade Pública: https://agasp.xunta.gal/gl/usuario/rexistrar Teñen de prazo ata o 16 de febreiro”.