Fernando Suárez suliña que “o servizo de axuda a domicilio segue a ser prestado, e así seguirá, por unha rede de auxiliares de axuda a domicilio, no que cando eu cheguei á alcaldía de Ribadeo no 2007 había cinco persoas traballando neste menester e agora, dous anos despois, hai o dobre é dicir 10 e ás veces con reforzos para prestar este servizo que asiste a tantas persoas no concello de Ribadeo”. O alcalde explica que “a maiores, e ésta é a novidade, desde o Concello por imperativo da Xunta en aplicación da lei de dependencia se están dando unha serie de horas que temos que prestar a dependentes. Como a Xunta nos comunica tardíamente a cantidade que temos que ter invertida para este 2009, esto é o que nos obriga a contactar cun servizo que sexa áxil para durante o mes de decembro prestar ese servizo”.

Suárez Barcia segue a relatar que “de aí que este alcalde asesorado polo corpo técnico do Concello e facendo a imaxe e semexanza do que se fai na práctica totalidade dos Concellos da provincia decidimos que unha empresa externa cubra este servizo de axuda á dependencia. Por magnitude de tempo e de cuantía económica trátase dun contrato menor, destes que segundo a lei de contratos das administracións públicas os alcaldes poden contratar directamente contra factura. Eu, en aras da transparencia e excedéndome do que legalmente tiña que facer, decido pedir tres presupostos a tres empresas, unha de Viveiro, unha de Burela e unha de Ribadeo, e contrato aquela que mellor oferta económica fai, que ainda por riba é de Ribadeo”.

O xefe dos Servizos Sociais no Concello, José Luis Gegunde, manifesta que “si o Concello ten que cumprir con esas ordes da Xunta e dar esas horas de asistencia a estas persoas dependentes, rápido como ten que ser, a través do sistema de contratación de persoal por parte do Concello ralentizaríase a prestación de dito servizo. O proceso sería exposición pública; concurso oposición para cubrir esa praza por un prazo determinado de acordo coa duración da subvención, é dicir como moito 1 ano, que nunca vai a ser porque as subvencións non se conceden a 1 de xaneiro, senón como ocorreu neste caso chegou en novembro para o ano en curso; e despois comenzaría a traballar neso. Como pouco dilátase a contratación, desde que se toma a decisión, nun mes”.

Gegunde engade que “si nós temos unha orde para prestar 30 horas ao mes, éstas non dan para facer un contrato de traballo, ou ¿vamos facer esa contratación e sacala a concurso só por 30 horas? Habería que esperar a ter máis horas para que nos cubrirse contratar a unha persoa a xornada completa, entón os dependentes que teñen ese dereito adquirido terían que agardar e estar en lista de espera ata que estivese cuberta a xornada laboral dunha auxiliar para poder proceder a contratar e logo esperar un mes para facer esa contratación”.

O xefe dos Servizos Sociais considera que “operativamente eso é realmente un atraso e funcionaría mal, pero si este servizo o contratamos a través dunha empresa, só o referido á dependencia, levantamos o teléfono, fáise a xestión, fáise un decreto, non hai nin que informar dese expedente, porque está previamente informado e dáse unha orde a esa empresa por escrito, asínase o contrato e comunícaselle á persoa que en 24 horas o en dous días ten a auxiliar na súa casa prestándolle ese servizo. A operatividade é moito maior e o beneficio para o usurario indudable”.