As xornadas lúdicas para a infancia previstas para hoxe e mañá traslándanse ao pavillón da Rúa Alfredo Deaño. E as actividades para a mocidade desenvolveranse no Gregorio Sanz

As actividades do Ribadeo na Rúa, organizadas polo Concello, mudan de ubicación por mor da mala previsión do tempo para estes días.

A programación de cultura urbana de hoxe, mañá e o mércores trasládase ao pavillón do Ceip Gregorio Sanz. Desde a Concellería de Mocidade indican que “as actividades hoxe darán comezo pola tarde, debido a unha avaría sufrida por parte da empresa encargada da súa realización. Non haberá actividades pola mañá, pero si pola tarde e tamén mañá e o mércores nos horarios previstos de mañá e tarde. Pedimos disculpas, pero trátase de circunstancias alleas ao Concello de Ribadeo”.

E os inchables para a infancia que ían estar instalados no parque de San Francisco cambian de localización e estarán no pavillón da rúa Alfredo Deaño.