Non é esta a primeira vez que unha televisión estranxeira se achega a Ribadeo para facer unha reportaxe sobre a praia das Catedrais: “o pasado verán foi a televisión pública alemá a que se interesou polo areal ribadense e xa noutra ocasión outra televisión xaponesa se achegou tamén ata Ribadeo con este mesmo obxectivo”.

A praia das Catedrais é todos os anos obxecto de numerosas informacións e reportaxes nas televisións de ámbito autonómico e estatal debido á grande afluencia de turistas que recibe, a maioría procedentes do Estado español e cada vez máis chegados desde calquera parte do mundo.