Multiplícanse por catro as posibilidades de turistas e ribadenses de mercar produtos da terra de primeira calidade. A diferencia de no inverno, cando este mercado só ten lugar o segundo domingo de cada mes, na época estival e desde mañá mesmo, os postos instaláranse cada domingo.

Fernando Suárez, rexedor de Ribadeo, destaca o interese desta iniciativa, que se ven celebrando desde hai catro anos. O alcalde indica a importancia turística do acontecemento, que presenta como “un aliciente máis, un reclamo máis para vir a Ribadeo e darse unha volta por aquí os domingos pola mañá”. Así, convida tanto aos veciños da Mariña Luguesa como do Occidente astur a visitar este mercado de verán.

A oportunidade de obter a artesanía alimentaria e os produtos de primeira calidade da zona, que os agricultores comercializan a través da asociación A Socadoira, se repetirá no exterior da Praza de Abastos ata mediados de setembro todos os últimos días da semana.