O rexedor ribadense, nunha valoración deste programa, destacou a colaboración esencial da Dirección Xeral de Turismo da Xunta e da Área de Turismo da Deputación de Lugo, que colaboraron, xunto con [acronym title=’Ferrocarril de Vía Estreira’]FEVE[/acronym] e o Concello de Ribadeo, na posta en marcha deste producto. Así mesmo, destacou a importante achega económica realizada polas dúas institucións, que permitiu, en palabras de Fernando Suárez, “atraer a moita xente que se achegou a coñecer Ribadeo como destino turístico de calidade”.

 

Fernando Suárez asegurou que “este tipo de iniciativas poden servir como exemplo dunha actuación con posibilidade de ter un efecto arrastre, no sentido de que novas iniciativas similares a esta poderían ser emuladas despois por diferentes axentes turísticos que actúan en Ribadeo, e cos que desde o Concello estamos dispostos a colaborar”. O alcalde comentou así que “despois de ver os resultados de Ribadeo Porta Norte se puido detectar o tirón que ten Ribadeo” engadindo que “aínda queda moito facer e moito Ribadeo por descubrir para moita xente, pero o grao de satisfacción dos visitantes en xuño foi moi alto e por parte da nosa hostalería esta iniciativa foi moi ben recibida”.

 

O rexedor ribadense agarda que este tipo de viaxes de fin de semana se repitan en moitas ocasión, dun xeito especial nos meses nos que a demanda turística sexa baixa para ir desestacionalizando o turismo con este tipo de paquetes ou ofertas. Tendo en conta a boa acollida que tivo este programa, Fernando Suárez fixo un chamamento para “contar tamén co apoio económico de outras administracións de cara a levar adiante este tipo de iniciativas”.